Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de novembro de 2011 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 450/2011, no expediente de reposición da legalidade 107B 2006/015-0, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario número 450/2011, interposto por Eugenio Alonso González, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade, polo que se impón unha cuarta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 20.10.2006, 7.11.2007, 14.2.2008, 16.6.2009 e 26.1.2010, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Julio Davila Piñeiro para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística