Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37306

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2011 pola que se convoca a Xornada sobre a Directiva de servizos e a Administración local.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2011 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, a Xornada sobre a Directiva de servizos e a Administración local, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Proporcionar información aos asistentes sobre a Directiva de servizos e a súa incidencia no funcionamento actual das entidades locais, con especial incidencia na determinación do réxime de licenzas en materia de ambiente e urbanismo.

Estudo da necesidade de adaptación das ordenanzas locais á Directiva de servizos.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– O marco normativo da Directiva de servizos e a súa incidencia no réxime local.

– A Directiva de servizos e as licenzas de actividade.

– A Directiva de servizos e a súa incidencia no réxime de concesión de licenzas e autorización no ámbito urbanístico.

– A declaración responsable aplicada ao réxime de licenzas: o exemplo de Vigo.

– A colaboración das entidades privadas no exercicio das funcións administrativas de verificación, inspección e control no ámbito urbanístico.

– Mesa redonda: a problemática da Directiva de servizos no momento actual. Análise de situación e perspectivas de futuro.

3. Destinatarios.

Responsables das corporacións locais, secretarios municipais e outro persoal ao servizo da Administración local, así como interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Esta xornada desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 27 de decembro de 2011.

Duración: 7 horas lectivas, en horario de mañá e tarde.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública (Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, CP 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41 - 881 99 70 14.

7. Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 23 de decembro de 2011.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Seralles entregado un certificado de asistencia, ao final da xornada, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública

Folla de inscrición

1. Solicitante

Apelidos Nome DNI

2. Datos profesionais

Posto de traballo/ profesión Corpo, subgrupo ou escala (1) Nivel (2)

Entidade en que presta servizos: (3)

Enderezo do posto de traballo: Rúa N.º Localidade Provincia CP Tfno.

Correo electrónico:

3. Actividade solicitada

Solicita asistir á Xornada sobre a Directiva de servizos e a Administración local que se desenvolverá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 27 de decembro de 2011.

Sinatura,

.................................................., ......... de....................................... de 2011

Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable deste, no uso das funcións propias que teñen atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no art. 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE n.º 298, do 14 de decembro).

(1, 2 e 3): cubrir só en caso de ser funcionario ou funcionaria.

Director da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, CP 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)