Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38571

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de decembro de 2011, pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

A Consellería do Medio Rural publicou o 29 de decembro de 2010 a Orde do 22 de decembro pola que se estableceron as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento, e se convocaron estas axudas para o ano 2011. Dada a experiencia na tramitación destas axudas nas convocatorias anteriores como na modificación da ficha desta medida no PDR de Galicia 2007-2013, cómpre modificar as vixentes bases reguladoras.

Por outra banda, e como queira que estes servizos deberán seguir sendo prestados polas entidades de xestión, substitución e asesoramento durante o período comprendido no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, cómpre facer pública unha nova convocatoria delas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto modificar as bases reguladoras que figuran na Orde do 22 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (DOG n.º 249, do 29 de decembro) e convocalas para o ano 2012.

2. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán as establecidas, con carácter xeral, na Orde do 22 de decembro de 2010.

Sección 1.ª Modificación das bases reguladoras para a concesión das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias

Artigo 2. Modificación das bases reguladoras.

Introdúcense as seguintes modificacións nas bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (DOG n.º 249, do 29 de decembro):

Primeira. Modificación do punto 1 do artigo 26.

O punto 1 do artigo 26 (reintegro, reducións, exclusións e sancións) queda redactado como segue:

«1. No caso de pagamento indebido terase en conta o artigo 5 do Regulamento (UE) n.º 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, que establece que o beneficiario quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros, calculados en función do tempo transcorrido entre a notificación ao beneficiario da obriga de reembolso e o reembolso efectivo ou a dedución da cantidade que debe reembolsarse».

Sección 2.ª Convocatoria 2012

Artigo 3. Convocatoria.

Convócanse para o exercicio orzamentario 2012 as axudas reguladas por esta orde. Os impresos de solicitudes das axudas serán os que figuran na presente orde, mentres que a documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán as establecidas con carácter xeral na presente orde e na Orde do 22 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (DOG n.º 249, do 29 de decembro).

Artigo 4. Prazo e lugar de presentación das solicitudes.

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. A presentación da solicitude de axuda, coa cal se achegará a documentación complementaria establecida nas bases reguladoras, realizarase segundo o previsto no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, preferentemente, nos rexistros das oficinas agrarias comarcais, utilizando os impresos normalizados incluídos como anexos I e II, e poderase tamén presentar electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: http://www.xunta.es/sede-electronica.

Artigo 5. Financiamento.

1. As axudas reguladas nesta orde estarán financiadas do xeito seguinte:

Aplicación orzamentaria 712B.7720 C.P. 200700423.

Importe para o exercicio 2012: 100.000 euros, dos cales 45.000 euros se destinan ás axudas ás entidades de servizos de asesoramento, 25.000 ás de servizos de substitución e 30.000 ás de servizos de xestión.

Importe para o exercicio 2013: 1.500.000 euros, dos cales 675.000 euros se destinan ás axudas ás entidades de servizos de asesoramento, 375.000 ás de servizos de substitución e 450.000 ás de servizos de xestión.

2. Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada tipo de servizo, mediante resolución do conselleiro do Medio Rural poderá redistribuírse entre elas o crédito aprobado, limitándose sempre ás dispoñibilidades orzamentarias. En función desas dispoñibilidades poderán incrementarse as contías destinadas ás subvencións que se convocan, sen que isto supoña ampliación do prazo de presentación de solicitudes.

3. Esta orde tramítase conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2012, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira.

En todo aquilo non previsto nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e nos distintos regulamentos que o desenvolven, no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 aprobado pola Unión Europea, no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE do 28 de decembro, L379), e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda.

De conformidade co artigo 13.4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e para a súa publicación na citada páxina web.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso. O interesado poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o director xeral de Produción Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para a execución do disposto nesta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO III
Plan de asesoramento

1. Ámbito xeográfico de actuación.

2. Metodoloxía de asesoramento.

Establecer a metodoloxía de asesoramento técnico e seguimento que se vai implantar, e que recolla como mínimo:

2.1. Principais características das explotacións do ámbito de actuación.

Recoller, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Tipoloxía: agrícola, gandeira ou mixta.

b) Orientación produtiva (vacún de leite, vacún de carne, ovino, viña, horta, etc.).

c) Dimensión:

– N.º de explotacións.

– Superficie media/explotación.

– N.º cabezas de gando medio/explotación.

2.2. Obxectivos.

Determinación dos obxectivos que se van acadar para, se é o caso, corrixir e/ou mellorar o cumprimento do conxunto de prácticas na explotación ou explotacións con características semellantes, en relación cos RLX, BCAM, seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, remuda xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras mozas. Estes obxectivos serán avaliables e cuantificables.

De ser o caso, especificaranse os obxectivos para a posta en marcha do contrato de explotación sustentable (CES) ou doutras actividades diferentes do ámbito dos servizos de xestión, como son o asesoramento no ámbito dos novos retos, segundo o artigo 5 do Decreto 235/2007, que contribúan a un asesoramento de carácter integral.

2.3. Diagnose técnica inicial.

Descrición das actuacións que se van a levar a cabo e dos puntos de control que se comprobarán para establecer a diagnose inicial das explotacións principalmente canto á situación relativa aos requisitos legais de xestión (en diante, RLX), boas condicións agrarias e ambientais (en diante, BCAM), seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, remuda xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras mozas.

2.4. Medidas de actuación.

Descrición das medidas concretas de actuación para acadar os obxectivos propostos, cronograma e planificación para levalas a cabo.

2.5. Sistema de seguimento das orientacións produtivas.

Sinalar o control e seguimento que se levará a cabo para acadar a implantación das medidas previamente definidas no asesoramento para cada unha das orientacións produtivas (vacún de leite, vacún de carne, ovino, viña, horta etc.), especificando, polo menos:

– N.º visitas/explotación e periodicidade.

– Definición dos puntos críticos que se van examinar para a comprobación das prácticas agrarias en relación cos RLX, BCAM, seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, remuda xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras mozas.

2.6. Mostraxes.

Determinación das mostraxes (metodoloxía da mostraxe, periodicidade, intensidade e parámetros que se van controlar).

2.7. Documentación de traballo.

Relación e modelos da documentación necesaria que deixe constancia das visitas, seguimento e recomendacións (actas, informes etc.).

2.8. Método de autoavaliación e propostas.

Determinar os indicadores que permitan avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos en cada un dos ámbitos dos RLX, BCAM, seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, remuda xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras mozas, e en cada unha das orientacións produtivas.

No caso da posta en marcha dun CES, asesoramento en novos retos ou doutras actividades que acaden un asesoramento integral, diferentes do ámbito dos servizos de xestión segundo artigo 5 do Decreto 235/2007, especificaranse, ademais, aqueles indicadores que mellor definan a consecución dos obxectivos definidos.

2.9. Obxectivos específicos do ámbito de asesoramento nos novos retos.

– A redución dos custos na produción leiteira e maximización do uso de recursos propios da explotación.

– O aforro de auga da explotación.

– A conservación da biodiversidade e medidas que favorezan a descontaminación atmosférica.

– A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.

– A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

As propostas deberán incidir, en xeral, na estratexia de redución de custos mediante estratexias de aforro e a eficiencia enerxética nas explotacións, que minimicen a dependencia externa da enerxía, e a substitución de insumos por recursos naturais localmente dispoñibles, que permitirán incrementar a competitividade das explotacións, e redunden pola súa vez, nunha redución significativa das externalidades ambientais asociadas á actividade agraria.

Reestruturación do sector leiteiro.

No caso do asesoramento no ámbito da restruturación do sector leiteiro, o asesoramento incidirá fundamentalmente na redución dos custos na produción leiteira e maximización do uso de recursos propios da explotación.

Cambio climático e enerxías renovables.

No caso das enerxías renovables e cambio climático, o asesoramento incidirá no asesoramento sobre investimentos que supoñan unha redución dos gastos en enerxía ou favorezan o aforro enerxético, e que deberán estar xustificados nunha documentación técnica que detalle as medidas de aforro e de eficiencia enerxética da explotación e as de substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables. Así mesmo, incluirase unha diagnose enerxética da explotación que, por exemplo:

• Determine a cantidade das diferentes enerxías non renovables consumidas pola explotación agrícola.

• Distribúa os consumos enerxéticos en cada elemento da explotación (valores, %).

• Determine cantidade de enerxía saída da explotación.

• Determinará a cantidade das emisións de gas de efecto invernadoiro (CO2, CH4, N2O).

Así mesmo, no plan de asesoramento poderanse incluír estudos de optimización enerxética que analicen o proceso produtivo das explotacións, nos cales se recomenden as accións idóneas para optimizar o consumo en función do seu potencial de aforro, a facilidade de implementación e o custo de execución.

Estes estudos poderán incluír:

– Réxime de funcionamento enerxético. Horas/día/semana, horas/ano.

– Estrutura de custos.

– Datos da produción enerxética da explotación.

– Principais materias primas utilizadas. Nome e cantidade anual.

– Produción obtida. Cantidade anual.

– Análise enerxética:

• Consumo anual e distribución de consumos de enerxía.

• Consumo anual de enerxía eléctrica, comprada e autoproducida.

• Consumo anual de enerxía térmica e combustibles utilizados.

• Consumo anual térmico e eléctrico dos principais equipamentos consumidores de enerxía.

• Consumo anual térmico e eléctrico nas operacións auxiliares.

• Autoprodución de enerxía eléctrica. Combustibles adquiridos e características dos fluídos térmicos xerados.

• Consumos específicos e custos enerxéticos.

• Consumos específicos térmicos (kWh/unidade) e consumo específico eléctrico (kWh/unidade) por produto producido.

• Custos de enerxía térmica por fonte enerxética e custo de enerxía eléctrica.

– Medidas propostas:

• Definición da medida.

• Aforro de enerxía térmica e/ou eléctrica anual de cada medida.

• Aforro económico anual da medida.

• Outros aforros e melloras.

• Investimentos asociados ás melloras.

• Prazo de execución da medida proposta.

• Período de retorno simple do investimento.

ANEXO IV
Plan de xestión

1. Definición do plan de xestión: descrición do servizo de xestión e asistencia técnica ás explotacións nos ámbitos da agricultura sustentable de acordo co artigo 5 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro.

1.1. Ámbito xeográfico de actuación.

1.2. Metodoloxía: establecemento da metodoloxía ou procedemento que se vai seguir incluíndo, polo menos:

1.2.1. Principais características das explotacións do ámbito de actuación: recolleranse, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Tipoloxía: agrícola, gandeira ou mixta.

b) Orientación produtiva (vacún de leite, vacún de carne, ovino, viña, horta, etc.).

c) Dimensión:

– N.º de explotacións.

– Superficie media/explotación.

– N.º cabezas de gando medio/explotación.

1.2.2. Obxectivos que se van acadar nas actuacións previstas:

Estes obxectivos serán avaliables e cuantificables.

1.2.3. Diagnose técnica inicial: descrición das actuacións que se van levar a cabo, e dos puntos de control que se comprobarán para establecer a diagnose inicial das explotacións.

1.2.4. Medidas de actuación: descrición das medidas concretas de actuación para acadar os obxectivos propostos, cronograma e planificación para levalas a cabo.

1.2.5. Seguimento do programa de xestión: establecer un plan de seguimento e control, definindo, como mínimo:

– N.º de visitas por explotación e periodicidade.

– Definición dos puntos críticos de inspección e control para o seguimento das medidas concretas de actuación.

1.2.6. Mostraxes: determinación das mostraxes que se van realizar ben na diagnose técnica inicial ou/e no seguimento das actuacións do programa de xestión (metodoloxía da mostraxe, periodicidade, intensidade e parámetros que se van controlar).

1.2.7. Documentación de traballo: relación e modelos da documentación necesaria que deixe constancia das visitas, seguimento e recomendacións (actas, informes etc.).

1.2.8. Método de autoavaliación e propostas de mellora. Determinación dos indicadores que permitan avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos no plan de xestión.

ANEXO V
Dimensionamento

A. Entidades que presten servizos de asesoramento:

Equipo técnico

N.º de explotacións

Mínimo

Máximo

2 titulados universitarios (segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 235/2007)

45

180

B. Entidades que presten servizos de xestión:

1. No ámbito da produción agrícola sustentable:

Ámbito de

actuación principal

Equipo técnico

Orientacións produtivas

N.º mínimo de explotacións

N.º mínimo
de hectáreas

Programas técnicos agronómicos de produción e sanidade vexetal

1 titulado universitario (segundo o establecido no artigo 6.3 e anexo XX)

Vide

20

75

Horta aire libre (máximo do 20% protexido)

20

40

Horta en cultivo protexido

10

5

Froiteiras

10

30

Cultivos extensivos

45

200

Produción ornamental

10

50

2. No ámbito zootécnico:

Ámbito de

actuación principal

Equipo técnico

Vacún

Ovino/cabrún

N.º mínimo de explotacións

N.º mínimo de animais

N.º mínimo de explotacións

N.º mínimo de animais

Programa de reprodución

1 titulado universitario (segundo o establecido no artigo 6.3 e anexo XX)

45

2.000

30

6.000

Programa de alimentación

80

5.000

30

6.000

Programa de podoloxía

1 técnico especialista

45

900

-

-

ANEXO XVII
Asesoramento

1. Relación de actuacións levadas a cabo diferenciando actuacións de campo e actuacións de oficina.

1.1. Actuacións de campo:

Definición da

actuación

N.º

Ámbito

Finalidade

Explotación

Data

RLX

BCAM

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

(DTI, charla, curso, visita toma de mostras, visita intermedia de comprobación de implantación de actuación, visita intermedia comprobación de correccións, visita final)

Ambiente (directiva, lei, real decreto, decreto,...)

Fitosanidade (directiva, ..)

Dimensionamento da fosa de xurro, estado da maquinaria de tratamentos fitosanitarios, estado do caderno de explotación, incidencia dunha peste ou enfermidade, incidencia, identificación de animais, toma de mostras de auga, terra, froito,..) para comprobación de residuos fitosanitarios, fertilidade, etc.

1.2. Actuacións de oficina: na oficina deberá quedar o rexistro e comprobación da realización da actuación.

Definición da

actuación

N.º

Ámbito

Finalidade

Explotación

Data

RLX

BCAM

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

2. Conclusións: destacar para o período de execución (un ano), o número medio de visitas por explotación que se levaron a cabo con carácter ordinario e, de ser o caso, con carácter extraordinario.

Indicar as incidencias máis frecuentes no conxunto das explotacións relacionándoas co seu ámbito, así como, se é o caso, as observacións máis significativas que sexa desexable destacar canto ao seguimento da condicionalidade.

Facer constar os resultados, logros e dificultades relativos ao desenvolvemento do plan de asesoramento ao longo do período de execución e perspectivas para o ano en curso.

Xestión

1. Relación de actuacións por programa levadas a cabo diferenciando actuacións de campo e actuacións de oficina.

1.1. Actuacións de campo:

Definición da

actuación

N.º

Programa

Finalidade

Explotación

Data

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

1.2. Actuacións de oficina: na oficina deberá quedar o rexistro e comprobación da realización da actuación.

Definición da

actuación

N.º

Programa

Finalidade

Explotación

Data

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

2. Conclusións: destacar para o período de execución (un ano), o número medio de visitas por explotación que se levaron a cabo con carácter ordinario e, de ser o caso, con carácter extraordinario.

Indicar as incidencias máis frecuentes no conxunto das explotacións, as observacións máis significativas que sexa desexable destacar canto ao seguimento do plan de xestión.

Facer constar os resultados, logros e dificultades relativos ao desenvolvemento do plan de xestión ao longo do período de execución e perspectivas para o ano en curso.

ANEXO XIX

Don/Dona _______________________________________, con DNI ______________, actuando en nome e representación da entidade __________________________, con CIF ____________, e domicilio social en ________________________________________, en cumprimento das obrigas establecidas no Decreto 235/2007, do 29 de novembro, ou nas bases reguladoras das axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución.

COMUNICO:

As seguintes variacións no persoal contratado pola entidade e vinculado á seguinte submedida/programa (sinalar cun X):

□ Asesoramento

□ Xestión – Programa técnico agronómico produción e sanidade vexetal

□ Xestión – Programa de reprodución animal

□ Xestión – Programa de alimentación

□ Xestión – Programa de podoloxía

□ Outros programas de xestión

□ Substitución

PERSOA QUE SE DEU DE BAIXA:

APELIDOS

NOME

DNI

TITULACIÓN

DATA DA BAIXA

PERSOA QUE SE DEU DE ALTA (achegar copia cotexada do seu contrato e da súa titulación):

APELIDOS

NOME

DNI

TITULACIÓN

DATA DO CONTRATO

PERSOA A QUE SUBSTITÚE

__________________________, _____ de _________________ de ________

(Sinatura)

Servizo de Explotacións Agrarias – Dirección Xeral de Produción Agropecuaria – Santiago de Compostela

ANEXO XX

Programa

Titulacións admitidas

Ámbito da xestión da agricultura sustentable

Programas técnico-agronómico de produción e sanidade vexetal

Enxeñeiro técnico agrícola

Enxeñeiro agrónomo

Ámbito da xestión zootécnica

Programa de reprodución animal

Veterinario

Programa de alimentación

Enxeñeiro técnico agrícola

Enxeñeiro agrónomo

Veterinario

Programa de podoloxía

Titulado en grao medio ou superior en especialidades vinculadas coa gandaría da rama agraria.

Persoa coa seguinte experiencia laboral en podoloxía ou tarefas asimiladas: polo menos durante 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos transcorridos con anterioridade á data de solicitude de acreditación

Outros programas de xestión

Segundo o criterio que considere a Consellería do Medio Rural en función do tipo de programa solicitado

Submedida

Titulacións admitidas

Substitución

Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias

Técnico medio en explotacións gandeiras, explotacións agrícolas extensivas e intensivas

Equivalentes ás titulacións anteriores na FP de segundo e primeiro grao

Experiencia laboral relacionada coas competencias profesionais vinculadas aos axentes de substitución, segundo a orientación produtiva das explotacións a que se dea o servizo e que se indican a seguir.

Código Denominación

Agax0108 actividades auxiliares en gandaría

Agav10 gandeiro de vacún

Agav20 gandeiro de ovino-cabrún

Agag0108 produción avícola intensiva

Agag0208 produción cunícula intensiva

Agap0108 produción porcina de reprodución e cría

Agap0208 produción porcina de recría e ceba

Agag20 avicultor

A experiencia laboral será como axente de substitución ou tarefas asimiladas, polo menos durante 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos transcorridos con anterioridade á data de solicitude de acreditación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XVIII

Don/Dona ________________________________________________, con DNI ______________, actuando en nome e representación da entidade _____________________________, con CIF ____________, e domicilio social en ______________________________________________________, en cumprimento das obrigas establecidas no Decreto 235/2007, do 29 de novembro, ou nas bases reguladoras das axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución,

COMUNICO:

As seguintes variacións na relación de explotacións acollidas ao programa ou submedida (sinalar cun X):

  • Asesoramento
  • Xestión – Programa técnico agronómico produción e sanidade vexetal
  • Xestión – Programa de reprodución animal
  • Xestión – Programa de alimentación
  • Xestión – Programa de podoloxía
  • Outros programas de xestión
  • Substitución

EXPLOTACIÓNS DADAS DE ALTA:

SERVIZO

PROGRAMA

APELIDOS

NOME

NIF

CEA

LUGAR

PARROQUIA

CONCELLO

PROVINCIA

ORIENTACIÓN

PRODUTIVA

S.A.U. (ha)

N.º CABEZAS GANDO

DATA

EXPLOTACIÓNS DADAS DE BAIXA:

SERVIZO

PROGRAMA

APELIDOS

NOME

NIF

CEA

LUGAR

PARROQUIA

CONCELLO

PROVINCIA

ORIENTACIÓN

PRODUTIVA

S.A.U. (ha)

N.º CABEZAS GANDO

DATA

__________________________, _____ de _________________ de __________

(Sinatura)

Servizo de Explotacións Agrarias – Dirección Xeral de Produción Agropecuaria – Santiago de Compostela