Con data do 5 de setembro de 2011, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 2011056PRO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Néstor García García, Bar Le Toccata.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Néstor García García, Bar Le Toccata, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova, recadación da Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
N.º expediente: 2011056PRO.
Denunciado: Néstor García García. Bar Le Toccata.
DNI/CIF: 44849910W.
Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, 67. Santiago de Compostela.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.B) 2 da Lei 14/1986; artigo 42.e) da Lei 8/2008; artigo 13.1 da Lei 2/1996.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.006 €.

