Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AEPI0072011, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de setembro de 2011, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º AEPI0072011, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense a Susana Barja Andrade, propietaria do establecemento Café Bar La Cueva.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Susana Barja Andrade, propietaria do establecemento Café Bar La Cueva, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova, recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

N.º expediente: AEPI0072011.

Denunciada: Susana Barja Andrade, propietaria do establecemento Café Bar La Cueva.

DNI/CIF: 76723015Y.

Último enderezo coñecido: praza das Mercedes n.º 14, soto, Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 42 da Lei 8/2008; artigo 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.