Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se emprazan os herdeiros de M.ª Carmen Permuy Toimil no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 229/2011.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola presente resolución notifícaselle aos herdeiros de M.ª Carmen Permuy Toimil o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 229/2011, interposto pola empresa Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, S.A.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 3 da Coruña providencia pola cal se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 229/2011, interposto pola empresa Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, S.A. contra a Resolución do 5 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, e recaída no expediente sancionador na orde social n.º 2007/0731-1; acta de infracción n.º 1492/2007/1/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo cal se notifican e emprazan os herdeiros de M.ª Carmen Permuy Toimil para que nun prazo de nove (9 días), contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, se o coida conveniente, poida comparecer nos autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, teráselle como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interrompirse o curso do procedemento, e se non comparece oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicarlle notificación de ningunha clase.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais