A aprobación da relación de postos de traballo do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, agás os servizos veterinarios de saúde pública, xustifícase pola necesidade da adaptación da RPT á súa nova estrutura organizativa.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 15 de decembro do 2011, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da Consellería de Sanidade e do Servizo galego de Saúde, agás os servizos veterinarios de saúde pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor ao día seguinte da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de decembro do 2011, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da Consellería de Sanidade e do Servizo galego de Saúde, agás os servizos veterinarios de saúde pública, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.
Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda