A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo xustifícase pola necesidade da adaptación da RPT á súa nova estrutura organizativa.
En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 15 de decembro do 2011, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de decembro do 2011, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.
Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda