De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 1 de setembro de 2011 (BOE do 16 de setembro), para a provisión da praza número 11/012, de catedrático de universidade da área de coñecemento de medicina, Departamento de Medicina desta universidade, a favor de Alfonso Castro Beiras, con DNI número 33169882H, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos establecidos na convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alfonso Castro Beiras, catedrático de universidade da área de coñecemento de medicina, Departamento de Medicina desta universidade.
No prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 12 de decembro de 2011.
José M.ª Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña

