Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38655

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (111/2009).

Procedemento: división de herdanza 111/2009.

Sobre outras materias.

De Jesusa Francos García, Jesús Canicoba Cao.

Procurador/a: Mónica Adriana Vieites León.

Contra: Consuelo García Seoane, Francisco Francos Requeijo.

Dilixencia de constancia.

En Santiago de Compostela, o vinte e nove de marzo de dous mil once.

Expídoa eu, a secretaria xudicial para facer constar que transcorreu o prazo sinalado para que os interesados nesta división da herdanza puidesen opoñerse ás operacións divisorias do contador, sen que o verificasen, do que paso a dar conta. Dou fe.

Auto.

Xuíza-maxistrada/xuíza: Ana Belén López Otero.

En Santiago de Compostela, o vinte e nove de marzo de dous mil once.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nestas actuacións para a división da herdanza dos finados Francisco Francos Requeijo e Consuelo García Seoane, o contador Francisco Javier Longarela Buide presentou as operacións divisorias, para cuxo labor fora designado.

Segundo. Das ditas operacións divisorias deuse traslado aos interesados na herdanza, facéndolles saber que no prazo de dez días poderían formular oposición ás referidas operacións divisorias, e o referido prazo transcorreu sen que presentasen ningún escrito de oposición ás operacións divisorias.

Fundamento de dereito único.

Establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LACn), que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poder opoñerse ás operacións divisorias sen presentar a posición ou manifestando expresamente a súa conformidade a estas, o Tribunal ditará auto para aprobar as operacións divisorias e mandar protocolizalas.

Parte dispositiva.

Apróbanse as operacións divisorias da herdanza dos finados Francisco Francos Requeijo e Consuelo García Seoane realizadas polo contador Francisco Javier Longarela Buide, as cales se protocolizarán na notaría que por quenda corresponda.

Ofíciese ao decano do Colexio Notarial de Santiago, para que participe o notario a quen por quenda corresponda a protocolización e coñecido, remítanselle as operacións divisorias e testemuño deste auto.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de cinco días a partir do seguinte ao da súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta de consignacións xudiciais que este xulgado ten aberta en Banesto.

Así o manda e asina S.S. Dou fe.

A xuíza-maxistrada/xuíza A secretaria