Procedemento: ordinario n.º 897/2008.
Sobre: procedemento especial de tráfico.
De: Reale Seguros, S.A.
Procurador: Luis Abalo Álvarez.
Contra: Óscar Rodríguez Quiroga.
Procuradora: Eva Borrella Daponte.
Rodrigo Osorio Guerrero, secretario do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa,
Fai saber: que neste xulgado se segue procedemento ordinario 897/2008 por instancia do procurador Sr. Abalo Álvarez, en nome e representación de Reale Seguros, S.A. fronte a María Luisa López Sahelices e Óscar Rodríguez Quiroga, en cuxas actuacións se ditou sentenza de data 2.02.2010 pola xuíza Carmen Boveda Soto, cuxo teor literal é o seguinte: antecedentes de feito, fundamentos de dereito e
«Decido: que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Reale Seguros, S.A. (avogada Sra. Fernández Guisande; procurador Sr. Abalo Álvarez) contra María Luisa López Sahelices (avogado Sr. Pradairo e procuradora Sra. Borrilla Daponte) e Óscar Rodríguez Quiroga.
Non se fai expresa imposición de custas.
Contra a presente resolución, que non é firme, cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.
Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».
E para que lle sirva de notificación en forma a Óscar Rodríguez Quiroga e para a súa publicación no DOG, expido, selo e asino o presente en Vilagarcía de Arousa, vinte e catro de maio de dous mil dez.
O secretario xudicial

