Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 871/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 871/11 por instancia de Carlos Enrique Porteiro Varela contra José Luciano Seoane Fernández e o Fogasa sobre despedimento, nos cales, no día da data, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Carlos Enrique Porteiro Varela contra a empresa José Luciano Seoane Fernández, e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 1 de xullo de 2011, e condeno a entidade José Luciano Seoane Fernández a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 4.816,54 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 44,29 euros diarios, en ambos os casos.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo a empresa substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Carpinox Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizaran nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino este na Coruña, o 25 de novembro de 2011.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial