Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (657/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 657/2011, por instancia de Manuel Rey Souto contra Teijeiro Recarey, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza con data do 21.11.2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Manuel Rey Souto contra a empresa Teijeiro Recarey, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 6.612,62 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende 44,11 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignada a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade co número 0030 1846 42 05001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 153464065711.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Teijeiro Recarey, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 21 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado