Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (497/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña.

Fago saber: que no proceso seguido por instancia de Francisco Gómez Varela contra a empresa Santiago Insua Ferreiro e Compañía Aseguradora Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 497/2008, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza. Na cidade da Coruña, dezaoito de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 497/2008 seguidos por instancia de Francisco Gómez Varela, representado polo letrado José Nogueira Esmorís, contra Santiago Insua Ferreiro, que non compareceu, e Allianz Cia. de Seguros y Reaseguros, S.A., representada pola oficial habilitada da procuradora Beatriz Dorrego Alonso e asistida polo letrado Sr. Botana Castro, sendo o obxecto da reclamación indemnización de convenio colectivo; e

Decido que, admitindo parcialmente a demanda interposta por Francisco Gómez Varela contra Santiago Insua Ferreiro e Allianz, Cia. de Seguros y Reaseguros, S.A., debo condenar e condeno a Santiago Insua Ferreiro a que lle aboe ao demandante 40.000 € máis os xuros legais correspondentes desde o día 5.6.2008, con absolución do codemandado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de sero o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Santiago Insua Ferreiro expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 7 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial