Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (848/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña.

Fago saber que no proceso seguido por instancia de Mariano López López, Vanessa Rico Fraga, Carlos Alberto Gianzo Quintela, Manuela González Arias, Fernando Lafora Mingoranz, Natividad López Terrazas contra Edificación e Infraestructura, S.A. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 848/2008, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o vinte e tres de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 848/2008, seguidos por instancia de Vanessa Rico Fraga, Natividad López Terrazas, Mariano López López, Carlos Alberto Gianzo Quintela, Manuela González Arias, Fernando Lafora Mingoranz, representados polo letrado José Páramo Sureda, contra Edificación e Infraestructura, S.A. e Fogasa, que non compareceron, sendo o obxecto da reclamación cantidade; e

Decido que, estimando a demanda interposta polos demandantes Vanessa Rico Fraga, Natividad López Terrazas, Mariano López López, Carlos Alberto Gianzo Quintela, Manuela González Arias e Fernando Lafora Mingoranz, debo condenar e condeno a empresa Edificaciones e Infraestructura, S.A. a que lle aboe a seguinte cantidade:

a Vanessa Rico Fraga, 1.986,28 €.

Natividad López Terrazas, 4.833,74 €.

Mariano López López, 11.350,54 €.

Carlos Alberto Gianzo Quintela, 4.383,84 €.

Manuela González Arias, 2.200 €.

e Fernando Lafora Mingoranz, 3.500 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Edificación e Infraestructura, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 7 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial