Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2011 Páx. 40379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (86/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de José Castro Veira contra Pol y Blanco, S.L., e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 86/2009, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña, vinte e cinco de novembro de dous mil once.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 86/2009 seguidos por instancia de José Castro Veira, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Pol y Blanco, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por José Castro Veira, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Pol y Blanco, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.216,67 euros incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta carece de recurso en atención á súa contía (artigo 189.1 LPL), polo que unha vez notificada quedará firme en dereito.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación a Pol y Blanco, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 7 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial