Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 29 de novembro de 2011 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión do viveiro Pereira II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Pereira II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 15 de novembro de 2011, José Luis Pombal Piñeiro solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Pereira II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia e coa Orde do 25 de novembro de 2009 de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Luis Pombal Piñeiro (76808974-Z) e Jesús Pombal Piñeiro (78731620-K), da concesión que se indica a continuación:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Pereira II.

Localización:

Cuadrícula n.º: 16.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 27.6.1961.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: José Luis Pombal Piñeiro (76808974-Z).

Novos titulares: José Luis Pombal Piñeiro (76808974-Z) e Jesús Pombal Piñeiro (78731620-K).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de novembro de 2011.

P.D. (Orde 25.11.2009; DOG n.º 235, do 1 de decembro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo