Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

CÉDULA do 14 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 8 de novembro de 2011, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-108/11, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo I se menciona a resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña ditada no expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 14 de decembro de 2011.

Manuel Varela Rey
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-108/11.

Denunciada: Rosa María Silva Castro

NIF: 76965297-Y.

Establecemento: café bar Puzzle.

Enderezo: praza Mancomunidade, 6.

Localidade: Boiro.

Precepto infrinxido: artigo 69.a) 5.º da Lei 14/2008.

Resolución: 8 de novembro de 2011.

Sanción: multa de setenta e cinco euros (75 €).