Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 881/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Sanguino Teijido contra a empresa Jorge Ramón González Cotelo, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:
«Decisión que estimando a demanda interposta por Antonio Sanguino Teijido, con DNI 32346771P, contra a empresa Jorge Ramón González Cotelo, debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 8.070,18 € polos conceptos reclamados.
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto, consignación en metálico que se poderá substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.
Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.
E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Jorge Ramón González Cotelo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.
A Coruña, 14 de decembro de 2011.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.
O secretario xudicial