Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 344

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de xornalista, grupo I, desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 22 de setembro de 2011, (DOG do 10 de outubro e BOE do 31 de outubro de 2011), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de xornalista do grupo I, da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http:www1.usc.es/webpas/

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela