Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 343

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 707/2010, interposto por Rosa María Domínguez García.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 707/2010, interposto por Rosa María Domínguez García, contra a Resolución da conselleira de Facenda do 14 de xullo de 2010 pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 5 de marzo de 2010, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo, pola que se fan públicos diversos acordos, entre eles, as puntuacións do segundo exercicio do proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública