Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 340

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, e a data, hora e lugar de realización das probas.

En virtude da Resolución do 30 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 234, do 9 de decembro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Unha vez transcorrido o prazo establecido para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es, e nelas farase constar, así mesmo, se está exento ou non da proba de coñecemento do idioma galego.

Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros titulares e suplentes:

Tribunal titular:

Presidenta: Mónica M.ª Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Guillermina Núñez Rodríguez.

Jesús Lata Buceta.

Daniel Sansó-Rubert Pascual.

Tribunal suplente:

Presidente: José Antonio Grandas Arias.

Secretaria: María Elena Porto Gómez.

Vogais:

José Antonio Fernández López.

José González Cores.

Monserrat Carracedo Goldar.

2. A súa actuación e funcionamento rexerase polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Desenvolvemento das probas.

Convócanse os aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 18 de xaneiro de 2012 na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avda. da Cultura, s/n, A Estrada.

A actuación dos/das aspirantes terá lugar por orde alfabética:

– Proba de coñecementos:

Ás 9.30 horas.

– Proba psicolóxica:

Ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 26 de xaneiro de 2011.

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe de excluídos:

Álvarez Dopazo, Domingo Iván.

Argibay Rodríguez, Antonio.

Casares Martins, Brais.

Gesteira Barreiro, Carlos Alberto.

González Pérez, Marcos.

Paramos Riveiro, Marcos Manuel.

Pérez Fernández, Luis Manuel.

Piñeiro Nieto, Celsa.

Ponce Benítez, Juan José.

Ponce García, Juan Diego.

Portes Corporán, Dorian Elías.

Ramos Cebei, Francisco Manuel.

Silva Fernández, Rafael Alberto.

Teixeira Ribeiro, Víctor Manuel.