Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 338

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 14 de decembro de 2011 pola que se acorda a cesión en propiedade dun vehículo, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, ao Concello de Ribadeo.

A Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, e o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985 exixe que a orde de cesión exprese a finalidade concreta a que a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

Con data do 13 de outubro de 2011, o Concello de Ribadeo solicitou a cesión en propiedade do vehículo:

Marca: Ford.

Modelo: Transit, tipo C-842 2.5D.

Matrícula: C-2049-BB.

Ano de matriculación: 1992.

En consecuencia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Acórdase a cesión en propiedade ao Concello de Ribadeo do seguinte vehículo:

Marca: Ford.

Modelo: Transit, tipo C-842 2.5D.

Matrícula: C-2049-BB.

Ano de matriculación: 1992.

Artigo 2.

A cesión sinalada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) De conformidade co establecido nos artigos 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, o concello cesionario destinará o ben cedido a labores propios da súa concellaría de Medio Ambiente.

b) Coa cesión outórgaselle ao Concello de Ribadeo a propiedade do ben moble cedido.

c) Tanto se o ben cedido non se aplicase aos fins sinalados, como se se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o ben reverterá á Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioración que sufrise.

Artigo 3.

A dita cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral técnico desta consellería ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira primeira.

A Consellería do Mar, a través da Secretaría Xeral Técnica, realizará os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Mar