Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 528

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011 pola que se conceden os premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade desta consellería para desenvolver no curso académico 2011-2012.

A Resolución do 10 de agosto de 2011 (DOG do 15 de setembro) aprobou as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para desenvolver no curso académico 2011-2012.

A través desta convocatoria a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pretende fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega e o coñecemento cultural que garanta unha plena competencia comunicativa neste idioma.

Unha vez vista a proposta formulada o 15 de decembro de 2011 pola presidenta da comisión de selección, constituída ao abeiro do artigo 7 da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

1. Concederlles cinco premios, cunha contía de 2.500,00 € cada un deles, aos proxectos de innovación relacionados no anexo I.

Así mesmo, os seleccionados recibirán:

– Unha xornada de asesoramento e orientación para o profesorado implicado e asesoramento durante o desenvolvemento do proxecto.

– A difusión das experiencias a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

http://www.xunta.es/linguagalega

2. Desestimar os proxectos de innovación que se relacionan no anexo II por non alcanzar a suficiente prioridade, por non reunir os requisitos establecidos na citada convocatoria ou por renunciar a participar nela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

– Proxecto de innovación «A elaboración do viño na Ribeira Sacra», CPI Dr. López Suárez. O Saviñao, Lugo.

– Proxecto de innovación do IES Félix Muriel. Rianxo. A Coruña.

– Proxecto de innovación «Máis galego. Tecendo redes» do IES Rodeira. Cangas, Pontevedra.

– Proxecto de innovación «Modelo Burela» do IES Perdouro. Burela, Lugo.

– Proxecto de innovación do IES As Bizocas. O Grove, Pontevedra.

ANEXO II

Son desestimados por non alcanzar a suficiente prioridade:

1. Centro Educación Especial Terra de Ferrol. Ferrol, A Coruña.

2. CEIP de Chans. Bembrive, Vigo.

3. IES Sanxenxo. Portonovo, Sanxenxo.

4. CEIP Ramón Otero Pedrayo. A Laracha, A Coruña.

5. CEIP San Roque, Vilanova de Arousa.

6. CEIP Sofía Casanova. Vilaboa, Culleredo, A Coruña.

7. CEIP de Reibón. Moaña, Pontevedra.

8. CEIP Josefa Alonso de Alonso, Vigo.

9. EPA de Teixeiro. Teixeiro, Curtis, A Coruña.

10. CPI Tomás Terrón Mendaña. Sobradelo de Valdeorras, Ourense.

11. CPEIP Manuel Masdías. Ferrol, A Coruña.

12. CEP Pedro Caselles Beltrán. Tomiño, Pontevedra.

13. CEIP Curros Enríquez. Celanova, Ourense.

14. CEIP Seis do Nada. Vigo, Pontevedra.

15. CEIP Manuel Sieiro. Crecente, Pontevedra.

16. CEIP San Marcos. Abegondo, A Coruña.

17. IES Carlos Casares. Viana do Bolo, Ourense.

18. IES Pedra da Aguia Ponte do Porto. Camariñas, A Coruña.

19. IES núm. 1. A Estrada, Pontevedra.

20. IES Pedro Floriani. Redondela, Pontevedra.

21. IES Alexandre Bóveda. Vigo, Pontevedra.

22. CEIP Virxe do Mar. Narón, A Coruña.

23. CEIP O Areal. Camariñas, A Coruña.

24. CRA Mestre Manuel Garcés. Tomiño, Pontevedra.

25. CEP Xosé María Brea Segade, Taragoña. Rianxo, A Coruña.

26. CRA de Rianxo. Asados, Rianxo, A Coruña.

27. CEIP Rosalía de Castro, Lugo.

28. CEIP Xesús San Luis Romero. Carballo, A Coruña.

29. CEIP Carlos Casares. Nigrán, Pontevedra.

30. CRA Nosa Señora do Faro. Ponteceso, A Coruña.

31. CEIP Pedrouzos. Brión, A Coruña.

32. CRA de Teo. Solláns, Calo, Teo, A Coruña.

33. CEIP de Belesar. Baiona, Pontevedra.

34. CEIP Cruceiro, Vilalonga. Sanxenxo, Pontevedra.

35. EEI Monte do Alba. Vigo, Pontevedra.

36. CEIP Laverde Ruiz. Outeiro de Rei, Lugo.

37. CEIP de Barrantes. Tomiño, Pontevedra.

38. IES A Basella. Vilanova de Arousa, Pontevedra.

39. CEIP Melide núm. 1. Melide, A Coruña.

40. CEIP Domaio. Moaña, Pontevedra.

41. CEIP Sobreira-Valadares. Vigo, Pontevedra.

42. CRA María Zambrano. O Rosal, Pontevedra.

43. EOI de Vigo. Pontevedra.

44. CMUS Xan Viaño. Ferrol, A Coruña.

45. IES As Barxas. Moaña, Pontevedra.

46. CEIP Serra Vincios. Gondomar, Pontevedra.

47. CEIP Curros Enríquez. A Coruña.

48. CEIP López Ferreiro. Santiago de Compostela, A Coruña.

49. IES Arcebispo Xelmírez II. Santiago de Compostela, A Coruña.

50. CRA Mestra Clara Torres. Tui, Pontevedra.

51. CEIP Fondo Nois. Foz, Lugo.

52. EEI A Marisma. Redondela, Pontevedra.

53. EEI As Dunas Panxón. Nigrán, Pontevedra.

54. CEIP As Covas. Meaño, Pontevedra.

55. EOI Ferrol. A Coruña.

56. CEIP Condesa de Fenosa. O Barco de Valdeorras, Ourense.

57. CRA A Lagoa. Salvaterra do Miño, Pontevedra.

58. CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña.

59. CRA O Esquío. Valdoviño, A Coruña.

60. CEP Santa Mariña. Redondela, Pontevedra.

61. CEIP A Guía-Meira. Moaña, Pontevedra.

62. ESAD. Vigo, Pontevedra.

63. CRA Ponte da Pedra. Carballo, A Coruña.

64. CEIP Wenceslao Fernández Flórez, A Coruña.

65. IES Monte Neme. Carballo, A Coruña.

66. CEIP María Pita, A Coruña.

67. IES Fernando Esquío. Neda, A Coruña.

68. CEIP Oza dos Ríos. A Coruña.

69. CPI Virxe da Cela. Monfero, A Coruña.

70. CEIP Pino de Val. Mazaricos, A Coruña.

Quedan excluídos, por non reunir os requisitos da convocatoria ou por renunciar a participar nela:

– IES Alfredo Brañas. Carballo, A Coruña.

– Colexio Monterrey, S.L. Vigo, Pontevedra.

– CEIP Ponte do Porto. Camariñas, A Coruña.

– CEIP Gándara Sofán. Carballo, A Coruña.

– CEIP Bergantiños. Carballo, A Coruña.

– CEIP Corvillón. Cambados, Pontevedra.

– CEIP Eloísa Rivadulla. Chantada, Lugo.

– CEIP Virxe do Rocío. Vigo, Pontevedra.