Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 534

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012.

A Consellería do Medio Rural publicou o 15 de abril de 2010 a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario. Estas axudas convocáronse amparadas no Regulamento (CE) 1698/2005, relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, eixo 1, medida 111.

A experiencia adquirida na xestión destas axudas durante o ano 2010 fai conveniente introducir algunhas modificacións que afectan o sistema de xestión. Así mesmo, ante o inicio do exercicio orzamentario 2012, procede realizar a convocatoria correspondente a este ano.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; pola Lei 12/1989, do 4 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto modificar a do 8 de abril de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, e convocar, en réxime de concorrencia competitiva e para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, esta mesmas axudas para 2012.

Sección 1.ª Modificación da Orde do 8 de abril de 2010

Artigo 2.

Introdúcense as seguintes modificacións na Orde do 8 de abril de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario:

Primeira. Modificación do artigo 2 da Orde do 8 de abril de 2010.

O artigo 2 (beneficiarios) da Orde do 8 de abril de 2010, quedará redactado como segue:

«Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as sociedades cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de cooperativas e as de produtores, os consellos reguladores de produtos de calidade diferenciada, as asociacións profesionais do ámbito agrario, alimentario ou ligadas ao desenvolvemento rural, e as organizacións de produtores agrarios radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia».

Segunda. Modificación do punto 1.k do artigo 6 da Orde do 8 de abril de 2010.

O punto 1.k do artigo 6 (gastos subvencionables das actividades) da Orde do 8 de abril de 2010 quedará redactado como segue:

«k) O IVE, no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, por tanto, non recuperable, agás no caso de que o beneficiario sexa un organismo de dereito público, xa que, neste caso, non será subvencionable a través da axuda Feader».

Terceira. Modificación do punto 2 do artigo 6 da Orde do 8 de abril de 2010.

O punto 2 do artigo 6 (gastos subvencionables das actividades) da Orde do 8 de abril de 2010 quedará redactado como segue:

«2. Só serán subvencionables os gastos de transporte e manutención do alumnado previstos no punto 1.e do artigo 6.

Serán gastos subvencionables os que se executen con posterioridade á publicación desta convocatoria no DOG e sexan xustificados no prazo sinalado para iso».

Cuarta. Introdución dun punto 3 no artigo 6 da Orde do 8 de abril de 2010.

Introdúcese un punto 3 no artigo 6 (gastos subvencionables das actividades) da Orde do 8 de abril de 2010, que dirá o seguinte:

«3. Os gastos non docentes de actividades formativas e de amortización ou arrendamentos de bens e edificios destinados a elas que non excedan o 25 por cento do importe total dos gastos subvencionables da operación. Consideraranse deste tipo os gastos previstos das letras b) a k) do número 1.».

Quinta. Modificación do punto 2.c do artigo 7 da Orde do 8 de abril de 2010.

O punto 2.c do artigo 7 (solicitudes) da Orde do 8 de abril de 2010 quedará redactado como segue:

«c) Fotocopia do NIF da entidade».

Sexta. Introdución dun segundo parágrafo no punto 1 do artigo 10 da Orde do 8 de abril de 2010.

Introdúcese un segundo parágrafo no punto 1 do artigo 10 (resolución e notificación) da Orde do 8 de abril de 2010, que dirá o seguinte:

«Ademais do anterior, a resolución de concesión da axuda deberá indicar que a subvención concedida está subvencionada en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, no eixe prioritario 1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013».

Sétima. Modificación do artigo 12 da Orde do 8 de abril de 2010.

O artigo 12 (modificación da resolución de reintegro das subvencións) da Orde do 8 de abril de 2010 quedará redactado como segue:

«Artigo 12. Modificación da resolución, reintegro e redución das subvencións.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da contía da subvención percibida, xunto cos xuros de demora, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a modificación do beneficiario da obriga de reembolso e o reembolso efectivo ou a dedución da cantidade que debe reembolsarse (art. 5 do Regulamento (CE) 65/2011). A tramitación do correspondente expediente de reintegro realizarase de acordo co procedemento establecido no capítulo II do título II (artigo 37 e seguintes) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. As infraccións dos beneficiarios rexeranse polo establecido no título IV da Lei 9/2007.

4. Os pagamentos das axudas calcularanse con base no que se considere subvencionable durante os controis administrativos.

O organismo competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes subvencionables de acordo co seguinte:

a) O importe que pode concederse ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento.

b) O importe que pode concederse ao beneficiario despois dos controis da solicitude de pagamento.

Se o importe establecido en virtude da letra a) supera o importe establecido en virtude da letra b) en máis dun 3%, aplicarase unha redución ao importe establecido en virtude da letra b). O importe da redución será igual á diferenza entre os dous importes citados.

Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable».

Oitava. Modificación do punto 1.a do artigo 13 da Orde do 8 de abril de 2010.

O punto 1.a do artigo 13 (obrigas das entidades beneficiarias) da Orde do 8 de abril de 2010 quedará redactado como segue:

«Facer constar en todos os documentos e publicidade da actividade o anagrama da Xunta de Galicia, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM) e do Feader. Así mesmo, no desenvolvemento da dita actividade, infórmase os participantes de que está financiada pola Consellería do Medio Rural, polo MARM e polo Feader».

Novena. Introdución dunha letra e) no punto 3 do artigo 13 da Orde do 8 de abril de 2010.

Introdúcese unha letra e) no punto 3 do artigo 13 (obrigas das entidades beneficiarias) da Orde do 8 de abril de 2010 que dirá o seguinte:

«e) Unha enquisa acreditativa da avaliación da calidade da formación impartida».

Sección 2.ª Convocatoria de axudas para 2012

Artigo 3. Convocatoria.

Convócanse para o exercicio orzamentario 2012 as axudas reguladas pola Orde do 8 de abril de 2010 (DOG n.º 70, do 15 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, coas modificacións introducidas nos artigos 2 e 6 desta orde.

Artigo 4. Condicións e finalidade.

1. Para poder acceder a estas axudas deberanse cumprir os requisitos establecidos na Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, coas modificacións introducidas nos artigos 2 e 6 desta orde.

2. A finalidade destas axudas é modernizar as cooperativas e entidades asociativas agrarias, os consellos reguladores de produtos de calidade diferenciada, as asociacións profesionais do ámbito agrario, alimentario ou ligadas ao desenvolvemento rural, e as organizacións de produtores agrarios, a través da mellora da formación dos seus socios e traballadores, perfeccionando a xestión e a calidade dos servizos prestados, e contribuír á difusión e adopción das innovacións técnicas.

Artigo 5. As solicitudes e a súa xestión.

As solicitudes, documentación, procedemento de xestión e xustificación das axudas serán os establecidos con carácter xeral na Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, coas modificacións introducidas nos artigos 2 e 6 desta orde.

Así mesmo, poderán presentarse na sede electrónica no seguinte enderezo:

http://sede.xunta.es

Artigo 6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 7. Financiamento.

O financiamento das propostas de accións formativas e de transferencia tecnolóxica seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase, segundo a natureza das axudas e beneficiarios, á aplicación orzamentaria 13.04.422L.770.0 por un valor total de cento oitenta mil euros (180.000 euros), dos cales cento tres mil seiscentos oito euros (103.608 euros) son financiados polo Feader.

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2012 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e actualmente en trámite parlamentario.

Poderanse utilizar outros remanentes que puideren existir na mesma aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita aplicación orzamentaria poderá ser incrementada con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 8. Xustificación da subvención e solicitude de pagamento.

A entidade solicitante deberá xustificar a subvención conforme a resolución de aprobación e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da axuda coa data límite do 31 de outubro.

Artigo 9. Información aos/ás interesados/as.

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, presencialmente ou a través dos seguintes medios:

a) No epígrafe de axudas da páxina web da Consellería do Medio Rural:

www.mediorural.xunta.es

b) Nos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais: 981 54 66 62 e 981 54 66 58.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderase utilizar o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde Galicia) e 902 12 00 12 (desde o resto do Estado).

Disposición adicional.

En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), así como o disposto no Regulamento (CE) 1698/2005, do Feader, e nos regulamentos (CE) 1975/2006, (UE) 65/2011, (CE) 1974/2006 e (UE) 679/2011.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais para ditar as normas necesarias para a correcta interpretación, aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO VIII
Modelo de enquisa para avaliación da actividade formativa
ou de transferencia tecnolóxica

Nome do curso:

Entidade beneficiaria:

Expediente:

Por favor, marque o valor que reflicta mellor a súa opinión sobre as seguintes afirmacións, tendo en conta que 1 é o valor que reflicte menor grao de acordo coa frase e 5 é o valor que reflicte maior acordo.

                             Non
1   2   3   4   5    contesta       

1. Contidos do curso

1. Os contidos impartidos axustáronse aos obxectivos do curso…………….......

2. O nivel de profundidade no tratamento dos contidos foi axeitado……….........

3. O balance entre contido teórico e práctico foi axeitado…………………...........

2. Materiais do curso

1. No curso empregáronse materiais que axudaron a seguir o seu contido….....

2. Os materiais didácticos utilizados no curso foron os apropiados (actualizados, completos, comprensibles,...)……………………………............................

3. Instalacións, medios técnicos e horario do curso

1. O número de horas diarias foi adecuado…………………………………...........

2. As instalacións onde se impartiu o curso reunían as condicións adecuadas para o seu desenvolvemento………………………………….............................

3. Os medios técnicos (encerado, pantallas, proxectores, TV, vídeo, ordenadores, programas...) foron suficientes para o desenvolvemento do curso………………………………………………………………………....................

4. Os medios técnicos funcionaron correctamente durante o curso…………...........

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

1   2   3   4   5       N   C

Nesta actividade formativa, ¿entregáronse materiais didácticos de apoio?

□ Si

□ Non

□ NS/NC

Do total de horas formativas recibidas nesta actividade, ¿cal diría Vde. que foi a porcentaxe de horas dedicadas a contidos prácticos? (considéranse contidos prácticos tanto a exposición por parte do docente de supostos, casos, demostracións ou experiencias aplicadas, como os exercicios, dinámicas en grupo ou traballos desenvolvidos polo alumnado)

□ Menos dun 25%

□ Entre un 25% e un 34%

□ Entre un 35% e un 44%

□ Entre un 45% e un 54%

□ Máis dun 55%

□ NS/NC

Valoración da actividade do/a docente

Cualifique cada un dos/as profesores/as que impartiron o curso cos seguintes enunciados, tendo en conta que 1 é o valor que reflicte menor grao de acordo coa frase e 5 é o valor que reflexa maior acordo.

Nome do/a docente:

Horas impartidas polo/a docente:

O/a profesor/a...

                               Non
1   2   3   4   5      contesta        

1. Expón con claridade os contidos do curso............................................

1   2   3   4   5         N   C

2. Motiva e esperta o interese dos asistentes polas materias que imparte...........................................................................................................

1   2   3   4   5         N   C

3. Resolve eficazmente as dúbidas dos asistentes...................................

1   2   3   4   5         N   C

4. Cumpre axeitadamente o horario establecido.......................................

1   2   3   4   5         N   C

5. Valoración global do/a profesor/a..........................................................

1   2   3   4   5         N   C

Nome do/a docente:

Horas impartidas polo/a docente:

O/a profesor/a...

                               Non
1   2   3   4   5      contesta       

1. Expón con claridade os contidos do curso............................................

1   2   3   4   5         N   C

2. Motiva e esperta o interese dos asistentes polas materias que imparte...........................................................................................................

1   2   3   4   5         N   C

3. Resolve eficazmente as dúbidas dos asistentes...................................

1   2   3   4   5         N   C

4. Cumpre axeitadamente o horario establecido.......................................

1   2   3   4   5         N   C

5. Valoración global do/a profesor/a..........................................................

1   2   3   4   5         N   C

Nome do/a docente:

Horas impartidas polo/a docente:

O/a profesor/a...

                               Non
1   2   3   4   5      contesta      

1. Expón con claridade os contidos do curso............................................

1   2   3   4   5         N   C

2. Motiva e esperta o interese dos asistentes polas materias que imparte...........................................................................................................

1   2   3   4   5         N   C

3. Resolve eficazmente as dúbidas dos asistentes...................................

1   2   3   4   5         N   C

4. Cumpre axeitadamente o horario establecido.......................................

1   2   3   4   5         N   C

5. Valoración global do/a profesor/a..........................................................

1   2   3   4   5         N   C

Nome do/a docente:

Horas impartidas polo/a docente:

O/a profesor/a...

                               Non
1   2   3   4   5      contesta      

1. Expón con claridade os contidos do curso............................................

1   2   3   4   5         N   C

2. Motiva e esperta o interese dos asistentes polas materias que imparte...........................................................................................................

1   2   3   4   5         N   C

3. Resolve eficazmente as dúbidas dos asistentes...................................

1   2   3   4   5         N   C

4. Cumpre axeitadamente o horario establecido.......................................

1   2   3   4   5         N   C

5. Valoración global do/a profesor/a..........................................................

1   2   3   4   5         N   C

Valoración xeral do curso

1. Considera que a duración do curso foi...

  □ Demasiado extensa

  □ Demasiado curta

  □ O curso tivo a duración axeitada

  □ Non contesta

2. En xeral, valoraría a calidade do curso realizado como... (marque a opción adecuada)

  □ Moi boa

  □ Regular

  □ Moi mala

  □ Boa

  □ Mala

  □ Non contesta

3. Marque o valor que reflicte mellor a súa opinión sobre as seguintes afirmacións, tendo en conta que 1 é o valor que reflicte menor grao de acordo coa frase e 5 é o valor que reflicte maior acordo.

                               Non
1   2   3   4   5      contesta      

1. O proceso de inscrición e matrícula no curso foi claro e sinxelo........................

1   2   3   4   5         N   C

2. A organización do curso foi axeitada (información previa, horario, resolución de incidencias...)................................................................................................

1   2   3   4   5         N   C

3. Este curso resultoume interesante......................................................................

1   2   3   4   5         N   C

4. Este curso mellorou a miña formación................................................................

1   2   3   4   5         N   C

5. Os coñecementos adquiridos serán aplicables ao posto de traballo que ocupo na actualidade....................................................................................................

1   2   3   4   5         N   C

6. En conxunto estou satisfeito/a de ter feito este curso........................................

1   2   3   4   5         N   C

4. ¿Considera que o esforzo investido para a realización deste curso pagou a pena?

  □ Si

  □ Non

  □ Non contesta

5. ¿Recomendaría aos seus compañeiros, coñecidos ou amigos a realización deste curso?

  □ Si

  □ Non

  □ Non contesta

Planificación futura deste curso

1. ¿Cantas horas cre que debería durar este curso? __________ horas

2. Tendo en conta a materia impartida no curso, ¿cal cre que sería a modalidade máis conveniente en que ofertar este curso?

  □ Presencial

  □ Teleformación

  □ Mixta

  □ Non contesta

Proposta de actividades formativas

Indique dous cursos que lle gustaría que se impartisen o próximo ano e que serían os máis convenientes para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Seleccione o modo en que lle gustaría recibir a dita formación.

1. _______________________________________________________

  □ Presencial

 □ Mixto

_________________________________________________________

  □ Teleformación

2. _______________________________________________________

  □ Presencial

 □ Mixto

_________________________________________________________

  □ Teleformación

Datos do/a alumno/a:

Idade:

  □ Menos de 25 anos

  □ Entre 41 e 50 anos

  □ Non contesta

  □ Entre 25 e 30 anos

  □ Entre 51 e 65 anos

  □ Entre 31 e 40 anos

  □ Máis de 65 anos

Sexo:

  □ Muller

  □ Home

  □ Non contesta

Máximo nivel de estudos acadado:

  □ Estudos primarios

  □ Formación profesional nivel I

  □ Licenciatura/Enxeñaría superior

  □ EXB ou ESO

  □ Formación profesional nivel II ou III

  □ Non contesta

  □ Bacharelato

  □ Diplomatura/Enxeñaría técnica

Xa por último, se ten algún aspecto do curso que comentar, por favor fágao a seguir.

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________

MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file