Intentada a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución de arquivo da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla n.º 70, 27071 Lugo.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Lugo, 12 de decembro de 2011.
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
N.º expediente |
NIF |
Interesados |
LU-PF-152/2011 |
Y07622239-X 33535347J |
Abdelwahed Tots María Liliana Rodríguez Ruiz |