De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á que non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.
Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda falega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Pontevedra, 14 de decembro de 2011.
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
N.º exp. |
Precepto infrinxido |
Último enderezo |
Resolución |
Jorge Álvarez Cardoso |
34627951-W |
PO-236/11 |
Artigo 23.o) en relación co 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
Avda. Balaídos, 5-6.º C, 36210 Vigo |
Multa de 301 € |