1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: deseño, instalación, montaxe e atención de tres postos da Consellería do Medio Rural na feira Alimentaria 2012 que terá lugar en Barcelona do 26 ao 29 de marzo.
c) División por lotes e número: si, tres.
d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 6 de abril de 2012.
f) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
a) Criterios de adxudicación: segundo a epígrafe M da folla de especificacións (prego de cláusulas administrativas particulares).
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 177.966,11 €, IVE (18%): 32.033,9 €, importe total: 210.000,01 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).
5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: segundo a epígrafe J da folla de especificacións.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo as epígrafes H e I da folla de especificacións.
7. Garantías exixidas: definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 00 62 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 57 92.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17087.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), e pódese enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 57 92).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, edificio administrativo San Caetano s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas:
A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
Hora: 12.00 horas.
A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
12. Outras informacións: condicións especiais de execución segundo a epígrafe O da folla de especificacións.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.
P.D. (Orde do 24.4.2009; DOG n.º 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural