De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos 3.º andar, ala sur (A Coruña), en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.
A Coruña, 16 de decembro de 2011.
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: SAN-CO-0122/2011-MP.
Denunciado: José Manuel Mosteiro López.
Acto de notificación: incoación.
Expediente: SAN-CO-0133/2011-MP.
Denunciado: David Cabo Cardinali (Circo Roy Cardinali).
Acto de notificación: incoación.