De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/89/2011 a Emérita Souto Somoza, en relación coas obras consistentes na edificación de vivenda unifamiliar de soto, planta baixa e baixo cuberta, edificación auxiliar e cerramento, que se levan a cabo no lugar de Leborei 15-b, parroquia de San Vicente de Cerponzóns, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal, o expediente citado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística