1. Entidade adxudicatora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.
c) Obtención da documentación e información:
1) Dependencia: CIXTEC.
2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
4) Teléfono: 981 54 13 37.
5) Telefax: 981 54 12 70.
6) Correo electrónico: rexistro.cixtec@cixtec.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración consistente na ampliación do sistema de almacenamento Vmax.
c) Lugar de execución:
1) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
d) Prazo de entrega: 30 días, contados desde a formalización do correspondente contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 30233132-5.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 192.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 192.000,00 euros. Importe total: 226.560,00 euros.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do decimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
2) Ofertas presentadas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 24.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Documentación presentada en sobre pechado:
Dependencia: Rexistro Xeral do CIXTEC.
Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
2) Documentación presentada a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición:
Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:
– Data: o sétimo (7) día hábil, contado a partir do seguinte ao do remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
– Hora: 10.00 horas.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, n.º 9.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
10. Gastos de publicidade: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable