Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1564

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de decembro de 2011 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011.

Logo de advertir dous erros na resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do 23 de decembro, cómpre facer as oportunas correccións:

1. Na páxina 37921, onde se indica que a contía concedida á corporación local do Concello de Vilalba para o mantemento e realización de programas básicos de servizos sociais comunitarios é de 124.755,69 €, debe indicarse que a contía concedida é de 149.303,15 €.

2. Na páxina 37931, onde se indica que a contía concedida á corporación local do Concello de Vilalba para a axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes é de 332.277,60 €, debe indicarse que a contía concedida é de 357.311,78 €.