O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de novembro de 2011, aprobou definitivamente o estudo de detalle promovido por Ciria B. Videira González, en representación da mercantil Procóns Galaecia, S.L, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto Gumersindo Vázquez Gómez, sen visar, presentado o 26.4.2011, que ten por finalidade reordenar os volumes edificables e reaxustar os aliñamentos da edificación nun ámbito do camiño Leitón, 8, avda. Redondela, 67, A Igrexa, Chapela.
Faise constar, por medio deste anuncio, a remisión á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo) do documento completo do estudo de detalle, e dánselle traslado dunha copia autenticado do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002 do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada, entre outras, pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, e Lei 2/2010, do 25 de marzo.
Redondela, 12 de decembro de 2011.
Javier Bas Corugeira
Alcalde