A Xunta de Goberno local, con data 20 de maio de 2011, acordou aprobar o proxecto de expropiación dunha porción de terreo ocupada polo colexio Fernández Latorre en execución de sentenza 235/2010, de data 26 de febreiro de 2010, optando polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación, e pola súa vez aprobar o mutuo acordo coa Fundación Juana de Vega, propietaria da parcela un do proxecto de expropiación.
De conformidade co disposto no artigo 143.2 e 3 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.
Para estes efectos, indícase que o expediente se pode consultar durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (praza Indalecio Prieto n.º 1-antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres.
A Coruña, 21 de xuño de 2011.
César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo