Tras ser aprobado inicialmente por Resolución da Alcaldía 470/2011 o estudo de detalle presentado por Ignacio Antonio Aparicio Gordillo, que ten por finalidade reaxustar volumes e alturas nunha parcela situada na rúa Antiga da Zona Vella de Cariño, sométese a información pública durante o prazo de vinte días contados, desde o seguinte habil ao da publicación deste anuncio no DOG, queda o expediente á disposición de toda persoa que queira consultalo e, de ser o caso, deducir alegacións, na Secretaría do concello.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4 da Lei 30/1992 para aqueles interesados directamente afectados que non poidan ser notificados por resultar descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, así como para aquelas que, intentada a súa notificación, esta non se poida practicar.
Cariño, 21 de setembro de 2011.
María Purificación Seixido Gómez
Alcaldesa