Por Resolución do concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación, do 19 de decembro de 2011, aprobáronse as bases e a convocatoria reguladoras do proceso de selección de funcionario de carreira para unha praza vacante de coordinador/a de actividades culturais e educativas da oferta de emprego público de 1999, as bases íntegras e convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña n.º 245, do 27 de decembro de 2011.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios correspondentes ás convocatorias anteriores publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.
Cambre, 30 de decembro de 2011.
Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación