De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.
Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Expediente: IN417B/10A08162.
Interesado: Grupimar, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de xustificación da subvención.
Expediente: IN417B/10A08309.
Interesado: Nodosa, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de xustificación da subvención.
Expediente: IN417L/10A04105.
Interesado: Empvia Consultores, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de xustificación da subvención.
Expediente: IN417L/10A04112.
Interesado: Empvia Consultores, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de xustificación da subvención.
Expediente: IN417L/10A04485.
Interesado: Temperans & Animals, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de xustificación da subvención.
Expediente: IN417L/10A04487.
Interesado: Temperans & Animals, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de xustificación da subvención.