Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2218

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 33/2012, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Manuel González Sarria como presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

Expirado o prazo de mandato e en virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 4.1 e 8 do Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese Manuel González Sarria como presidente do Xurado de Expropiación de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas