Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 249, do venres 30 de decembro de 2011, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 40919, no primeiro inciso do punto 1.a).ii, onde di: «Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 3,40 euros por fracción de 15 minutos», debe dicir: «Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 3,47 euros por fracción de 15 minutos».