Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2866

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2012 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 5 de setembro de 2011 (BOE do 26 de setembro), e presentada polos interesados a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 87 dos estatutos desta universidade e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polos interesados, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

N.º
concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo
docente

Área
coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2271/11

Alberto José

Bugarín Diz

36114159L

Catedrático de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Santiago de Compostela

A00525

2276/11

María Dolores

Sabaté Planes

40888690A

Catedrático de universidade

Filoloxía Alemá

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

A00531

2291/11

María Ángeles

Romero Rodríguez

33303466H

Catedrático de universidade

Tecnoloxía de Alimentos

Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Lugo

A00546

2297/11

Anuska

Mosquera Corral

32655083M

Profesor titular de universidade

Enxeñaría Química

Enxeñaría Química

Lugo

C01715