Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2868

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4407/2008 IP).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4407/2008 IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 364/2008 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos por José Manuel Rivas Paredes contra Pedreira Santodomingo, S.L., sobre alta médica, con data do 30 de novembro de 2011 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Manuel Rivas Paredes contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, con data do 3 de xullo de 2008, debemos confirmar integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº. 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na conta desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Una vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Pedreira Santodomingo, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Pedreira, 9, de Cangas, Pontevedra, expido e asino este edicto na Coruña o 28 de decembro de 2011.

O/A secretario/a xudicial
Rubricado