Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3158

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xaneiro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 37 (técnico/a superior ambiental) do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En virtude da Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 10 de febreiro de 2009 (DOG núm. 37, do 23 de febreiro), convocouse o proceso selectivo para o ingreso na categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez rematadas as fases de oposición e concurso deste proceso selectivo, o tribunal elevou a definitiva a proposta de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 21 de setembro de 2011 (DOG núm. 186, do 28 de setembro).

Co obxecto de que os aspirantes referidos poidan ser nomeados persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 24 de xaneiro de 2012, ás 10.30 horas.

Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade, deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Se os aspirantes non comparecesen persoalmente ou por medio de representantes, seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas.

O modelo de contrato poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), a través dos enlaces «Función Pública Autonómica», «Emprego público», «Procesos selectivos».

Segundo. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, os aspirantes poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo
Relación de vacantes da categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I
do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Grupo

Categ.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Observacións

1

MAC030000015770052

MR

Titulado superior ambiental

I

037

D. X. de Conservación da Natureza

D. X. de Conservación da Natureza

Santiago de Compostela

2

MAC030000015770054

MR

Titulado superior ambiental

I

037

D. X. de Conservación da Natureza

D. X. de Conservación da Natureza

Santiago de Compostela

3

MAC991000215001025

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

Ámbito espazos naturais provincia

4

MAC991000215001026

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

Ámbito espazos naturais provincia

5

MAC991000215001027

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

Ámbito espazos naturais provincia

6

MAC991000227001026

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

7

MAC991000232001025

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

8

MAC991000232001026

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

9

MAC991000232001027

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

10

MAC991000232001028

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

11

MAC991000232001029

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

12

MAC991000232001030

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

13

MAC991000232001031

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

Ámbito espazos naturais provincia

14

MAC991000236001025

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

15

MAC991000236001026

MR

Titulado superior ambiental

I

037

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

Ámbito espazos naturais provincia