Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3274

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 43/2012, do 19 de xaneiro, polo que se nomea delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo a María José Bravo Bosch.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xaneiro de dous mil doce,

Nomeo delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo a María José Bravo Bosch.

Santiago de Compostela, dezanove de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza