Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 163/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Castro.

Situación: concello da Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV a C.T. Castro, cunha lonxitude de 0,044 km, con orixe en apoio en derivada da L.M.T.A. a C.T. Devesa-Xobre (expediente 27.254) a C.T. depuradora A Pobra (expediente 51.680), en condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final no apoio proxectado n.º 2.

Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV a C.T. depuradora A Pobra, cunha lonxitude de 0,017 km, coa orixe no citado apoio proxectado n.º 2, con condutor tipo LA-30/31,1 mm², e final no apoio existente.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV a C.T. Castro, cunha lonxitude de 0,458 km, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3×(1×150) mm² Al, coa orixe no paso aéreo subterráneo do citado apoio proxectado n.º 2 e final en C.T. Castro proxectado.

Centro de transformación (C.T.) prefabricado Castro, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV.

Rede de baixa tensión subterránea, composta de 2 circuítos, cunha lonxitude de 0,263 km, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4×(1×240) mm² Al, coa orixe no C.T. proxectado e final en pasos aéreos subterráneos.

Rede de baixa tensión aérea, con orixe nos pasos aéreos subterráneos da R.B.T.S., consistentes no reforzo de tramos en condutor tipo RZ 3×50/54,6 mm² Al e substitución de tres apoios existentes, cunha lonxitude total de 0,445 km. Concello da Pobra do Caramiñal.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial