Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2011/233-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Con.

Situación: O Grove.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 192 metros de lonxitude, con orixe no apoio HV-630/15 da L.M.T. VLG805 O Grove e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado no Con, O Grove. Dúas redes de baixa tensión, unha aérea de 395 metros e outra subterránea de 76.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados.

Predio 1. Municipio: O Grove.

Titular: Manuel Outeda Portela.

Enderezo: Meloxo, 55 (San Martiño), 36989 O Grove.

Afección: 48,19 m2 para o centro de transformación.