Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3576

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Semana Verde de Galicia

ANUNCIO da contratación de diversos servizos.

Anúnciase a contratación dos seguintes servizos:

Montaxe de expositores, moqueta, tarima, carpas, mobiliario, complementos e prestación de servizos accesorios para feiras.

Seguridade xeral do recinto feiral e particular para cada certame feiral.

Limpeza xeral e recollida de RSU para cada unha das feiras.

Limpeza de oficinas e instalacións empregadas polos traballadores da Fundación Semana Verde de Galicia.

As persoas interesadas poderán consultar toda a información na páxina web www.feiragalicia.com ou directamente na sede administrativa no recinto feiral.

Silleda, 12 de xaneiro de 2012.

Paloma Hidalgo López
Directora xeral da Fundación Semana Verde de Galicia