Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3575

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de actualización, conservación e mantemento da información catastral urbana.

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense na páxina web www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de actualización, conservación e mantemento da información catastral urbana, cun tipo de licitación de 150.000 € (IVE, e demais impostos incluídos), integrado pola suma dos importes do valor estimado do servizo (127.118,64 €), e o IVE aplicable (22.881,36 €). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15.º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen o solicite, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso n.º 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.

Ourense, 5 de xaneiro de 2012.

José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense