Resolución do 30.12.2011 da Alcaldía do Concello de Xinzo de Limia, referente á convocatoria para prover unha praza de chofer-mecánico para o Concello de Xinzo de Limia, mediante oposición libre.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 12, do 16.1.2012, o Concello de Xinzo de Limia publicou integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de chofer-mecánico para o Concello de Xinzo de Limia, por promoción interna mediante oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos boletíns oficiais correspondentes e nos lugares indicados nas bases.
Xinzo de Limia, 16 de xaneiro de 2012.
Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde