Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de solicitude de licenza para acondicionamento de explotación de vacún.

Antonio Dafonte Lorenzo, en representación de gandería Conde Cuñarro, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación e acondicionamento de explotación de vacún de leite, que se situará no lugar de Cuñarro do Medio, parroquia de Arnego, do concello de Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se considren oportunas.

Rodeiro, 16 de decembro de 2011.

Luís López Diéguez
Alcalde