Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3572

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de solicitude de ampliación de explotación de vacún.

Jesús Nieto Marcos solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación de vacún, que se situará en Padín-Arnego, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rodeiro, 14 de decembro de 2011.

Luís López Diéguez
Alcalde